CSOA A Quinta Da Carminha

CSOA A Quinta Da Carminha

Short url: 

https://squ.at/r/1f8y

O “Centro Social Okupado Autoxestionado A Quinta da Carminha” é unha asociación sen ánimo de lucro,  formada por persoas procedentes de distintos eidos, que ten por finalidade devolver ao barrio do Carme un espazo que os bancos decidiron posuír mais non utilizar, impedindo un uso real do espazo por parte das persoas, coa intención de favorecer o uso especulativo do solo, ó cal nos opoñemos.
O C.S.O.A Quinta da Carminha, non pretende apropiarse da finca sita na rúa do Carme nº 1, senón que ten coma intención o aproveitamento dun espazo baleiro para a realización de actividades culturais, políticas ou sociais por parte dos colectivos e individuos que así o desexen, sempre dentro dun organigrama xeral de uso do espazo común en base ás decisións asemblearias entre iguais.
A Quinta da Carminha é un centro social de carácter feminista, ecoloxista, laicista e anti-fascista. Amáis, e por ende, non recoñecemos ningunha autoridade sexista, industrialista, clerical, gubernativa ou de calquera outra índole. Promovemos o consumo responsábel, a non utilización comercial de produtos ou subprodutos de orixe animal, o localismo ecolóxico produtivo e a toma de decisións de forma colectiva e igualitaria, atendendo ás posicións minoritarias.

categorías: 

  • action/protest/camp
  • advice/help/office hours
  • course/workshop
  • discussion/presentation
  • film
  • meeting
  • music

correo electrónico: 

CSOA A Quinta Da Carminha
Rúa do Carme nº 1
36209 Vigo
España

Squat: 

Presently squatted
There are no upcoming events.