Casa Colorida
Short url:
Laboratorio do Común para o desenvolvemento Integral da Cultura Libre en GZ. O obxetivo principal é o propio PROCESO de ir desenvolvendo PROXECTOS de CULTURA LIBRE facilitados por unha ORGANIZACIÓN COLETIVA AUTÓNOMA ,autoxestionada, aberta e horizontal, SISTEMATIZANDO e COMUNICANDO en aberto para o COMÚN todo o proceso dun xeito transparente e de acceso libre de cara a que outras persoas e proxectos que empaticen con estes principios, podan optimizar a nosa experiencia coas nosas luces e as nosas sombras. Ten como propósitos, facilitar a cohesión social e fortalecer relacións sociais descentralizadas P2P, máis respetuosas e igualitarias, acollendo propostas cidadanas de acción sociocultural no territorio do Val Miñor e en conexión con outros territorios cos cuais podería criar procesos en rede dentro dos principios de #CulturaLibre e #CódigoAberto. Algunhas pautas que van marcando o proceso: – A mellora na calidade das relacións entre os habitantes da rexión do Val Miñor. – A procura dun modelo económico sustentable e colectivo. – A sensibilización có medio ambiente. – A dinamización da arte e a cultura. – O trazado de relacións con outros espazos, colectivos e entidades. MODELO ORGANIZATIVO de PARTICIPACIÓN ABERTA a tódala cidadanía e colaborador@s do proceso baixo unha metodoloxía asamblearia a través da que tod@s podemos construir xunt@s. *** FORO COLORIDO é un espazo de encontro aberto para toda a cidadanía no debate sobre cuestións tanto do territorio do Val como sobre o propio Laboratorio da Casa Colorida. *** ASAMBLEA é unha ferramenta horizontal de definición, construcción e ratificación do proceso do Laboratorio Colorido e os seus proxectos, nos que calquera persoa se pode achegar, colocar puntos na Orde do Día e participar nos debates que den luz ó Coletivo Colorido para ir chegando a consensos na toma de decisións que vaian mellorando o proceso. A toma de decisións do proxecto está supeditada ó Coletivo Colorido, que serán aquelas persoas que se responsabilizan en levar a cabo o desenvolvemento de proxectos que atendan integralmente as catro frentes de Traballo para o desenvolvento da Cultura Libre. ** FRENTES DE TRABALLO: ////// ECONOMIA COLORIDA ////// REDE COLORIDA ////// MEDIALIBRE COLORIDA /////// UNI LIBRE COLORIDA Residencia Colorida Horta Colorida Hacklab Colorido Talleres coloridos Proxectos en Rede:
- Faircoop
- Coordenadora de centros sociais do Sudoesta da GZ
- Encontro de Consumo Responsable ''O Toxo'' (Regional)
- CIC
- Festival Grito Rock Mundo
- Festival Internacional Ponte Na Escena
- Circuito GZ Folk in Winter
- Festival Intercéltico Baiña
- Feria del Libro Nigrán
- Festival Folk Miñor
- Mostra do Posible
- Cultura Viva Comunitaria
- PEMAN - Programa de Estudos en Man Común
opening times:
Todos os días estamos arredor da Casa <3
categories:
- action/protest/camp
- bar/cafe
- children's activity
- course/workshop
- discussion/presentation
- exhibition
- film
- food
- (free) shop/market
- meeting
- music/concert
- theater
- work space/diy