Casa Colorida

Casa Colorida

Short url: 

https://squ.at/r/76o5

Laboratorio do Común para o desenvolvemento Integral da Cultura Libre en GZ. O obxetivo principal é o propio PROCESO de ir desenvolvendo PROXECTOS de CULTURA LIBRE facilitados por unha ORGANIZACIÓN COLETIVA AUTÓNOMA ,autoxestionada, aberta e horizontal, SISTEMATIZANDO e COMUNICANDO en aberto para o COMÚN todo o proceso dun xeito transparente e de acceso libre de cara a que outras persoas e proxectos que empaticen con estes principios, podan optimizar a nosa experiencia coas nosas luces e as nosas sombras. Ten como propósitos, facilitar a cohesión social e fortalecer relacións sociais descentralizadas P2P, máis respetuosas e igualitarias, acollendo propostas cidadanas de acción sociocultural no territorio do Val Miñor e en conexión con outros territorios cos cuais podería criar procesos en rede dentro dos principios de #CulturaLibre e #CódigoAberto. Algunhas pautas que van marcando o proceso: – A mellora na calidade das relacións entre os habitantes da rexión do Val Miñor. – A procura dun modelo económico sustentable e colectivo. – A sensibilización có medio ambiente. – A dinamización da arte e a cultura. – O trazado de relacións con outros espazos, colectivos e entidades. MODELO ORGANIZATIVO de PARTICIPACIÓN ABERTA a tódala cidadanía e colaborador@s do proceso baixo unha metodoloxía asamblearia a través da que tod@s podemos construir xunt@s. *** FORO COLORIDO é un espazo de encontro aberto para toda a cidadanía no debate sobre cuestións tanto do territorio do Val como sobre o propio Laboratorio da Casa Colorida. *** ASAMBLEA é unha ferramenta horizontal de definición, construcción e ratificación do proceso do Laboratorio Colorido e os seus proxectos, nos que calquera persoa se pode achegar, colocar puntos na Orde do Día e participar nos debates que den luz ó Coletivo Colorido para ir chegando a consensos na toma de decisións que vaian mellorando o proceso. A toma de decisións do proxecto está supeditada ó Coletivo Colorido, que serán aquelas persoas que se responsabilizan en levar a cabo o desenvolvemento de proxectos que atendan integralmente as catro frentes de Traballo para o desenvolvento da Cultura Libre. ** FRENTES DE TRABALLO: ////// ECONOMIA COLORIDA ////// REDE COLORIDA ////// MEDIALIBRE COLORIDA /////// UNI LIBRE COLORIDA Residencia Colorida Horta Colorida Hacklab Colorido Talleres coloridos Proxectos en Rede:

  • Faircoop
  • Coordenadora de centros sociais do Sudoesta da GZ
  • Encontro de Consumo Responsable ''O Toxo'' (Regional)
  • CIC
  • Festival Grito Rock Mundo
  • Festival Internacional Ponte Na Escena
  • Circuito GZ Folk in Winter
  • Festival Intercéltico Baiña
  • Feria del Libro Nigrán
  • Festival Folk Miñor
  • Mostra do Posible
  • Cultura Viva Comunitaria
  • PEMAN - Programa de Estudos en Man Común

opening times: 

Todos os días estamos arredor da Casa <3

categories: 

  • action/protest/camp
  • bar/cafe
  • children's activity
  • course/workshop
  • discussion/presentation
  • exhibition
  • film
  • food
  • (free) shop/market
  • meeting
  • music/concert
  • theater
  • work space/diy

email: 

phone: 

+34 680333725
Casa Colorida
Rúa Rosalia de Castro 16
36350 Nigrán Galicia
Spanje
There are no upcoming events.