A Cova dos Ratos
Short url:
O C.S.A. A Cova dos Ratos leva coas portas abertas dende principios do ano 2000. É un centro social autoxestionado e constitúe un espazo aberto, participativo e independente, onde os colectivos e as persoas poden tanto facer uso como implicarse na súa xestión cotiá: ¿como? colaborando nos grupos de traballo (barra, biblioteca, secretaría…), participando nas actividades sociais e culturais, nas campañas… O centro social é de todas as persoas que o usan e fan posibel a súa existenza.
Para nós os locais ou centros socias son unha ferramenta máis no camiño cara unha sociedade millor, xenerando pontos de encontro entre iniciativas, creando espazos para a comunicación e o intercambio de experiencias, poidendo así conspirar e respirar colectivamente… en definitiva, pequenas infraestructuras para a experimentación e a transformación social. As actividades non so fican dentro do local, senón que tamén saímos sempre que podemos a rúa… participando en todo tipo de iniciativas, trocos,na defensa do litoral, antimilitaristas, contra a precariedade, pola vivenda, recuperación dos espazos públicos…
Entendemos o concepto de autoxestión cun sentido moi amplo, como a capacidade que temos para administrar as nosas propias vidas, en todos os seus eidos, político, social, económico, cultural e afectivo, donde son tan importante os xeitos de toma de decisións como os xeitos para levar adiante as iniciativas.
Para facer disto unha realidade apostamos polo traballo en rede e as estructuras horizontais, asamblearias, abertas, participativas e transparentes; espazos para a toma das decisións onde todas temos sempre a opurtunidade de comentar a nosa opinión, de aportar as nosas ideas, ou simplemente escoitar para enterarmos do que esta acontecendo e poder facermos partícipes.
Queremos ensinar tanto as alternativas de consumo e producción como a responsabilidade e o poder activo que temos todas as persoas como consumidoras e productoras, como base para acadar un mundo mellor e máis xusto para todas. Para amosar dun xeito práctico estas opcións, as que independentemente do noso poder adquisitivo podemos acceder, temos unha barra alternativa e un servicio de cocinha con comedor vegano.
Os productos que usamos son preferentemente de comercio xusto (que é un tipo de comercio no cal a figura do intermediario desaparece, ou minimízase, e garántese unhas condicións para o traballador / productor xustas); de producción biolóxica (sen o uso de pesticidas ou productos agroquímicos), artesanais, de cooperativas (os traballadores son os seus propios xefes) ou de pequenas productoras. Fuximos das multinacionais, e dos productos que conleven impacto medioambiental, sufrimento ou explotación de calqueira ser.
Dentro da promoción do consumo conscente apostamos polo veganismo non so por unha cuestión de preservación do medio natural, senón como o mellor xeito de actuar fronte o sufrimento e a explotación que padecen innecesariamente millóns de animais. Todos os productos que nos temos son dunha orixe 100% vexetal, 100% libre de inútil sufrimento animal.
Agardámoste!
opening times:
– Horarios de maña: de luns a venres de 11:00h a 16:30h (con menú diario para xantar vegano). Sábados de 12 a 16:30 (habendo comida somentes cando haxa xantar popular)
– Horarios de tarde*: de martes a xoves de 19:00h a 0:00h e venres e sábados de 19:00h a 1:00h.
Os domingos o local ficará pechado e os luns pola tarde aberto só para asembleas ou reunións dos colectivos.
* En verán o horario de apertura das tardes retrasarase ás 20 hrs.