Proxección da curtametraxe “The Herd” (O Rabaño) + Coloquio sobre interseccións entre Patriarcado e Especismo

Thursday, 9 March

Proxección da curtametraxe “The Herd” (O Rabaño) + Coloquio sobre interseccións entre Patriarcado e Especismo

Short url: 

https://squ.at/r/2wdm

O vindeiro xoves 9 de marzo no CSOA Escárnio e Maldizer de Compostela proxectarase “The Herd” (O Rabaño), unha curtametraxe de produción independente e que presentan do seguinte xeito quenes convocan a actividade:

The Herd é unha curtametraxe realizada pola directora vegana e feminista Melanie Light en Reino Unido no ano 2014. Foi descrita coma a primeira curtametraxe vegana e feminista pola propia directora, que pretende rachar co Referente Ausente, que diría Carol J. Adams*, para amosar a realidade das industrias lácteas de todo o mundo dun xeito controvertido pero directo, amosando unha situación onde as víctimas explotadas polo seu leite non son vacas senón femias humanas. A violencia do proceso de obtención do leite, a apatía total dos explotadores ou a loita por fuxir e defenderse dalgunhas das mulleres son os temas principais nos que discurre a trama.

A curta, de 20 minutos de duración, gañou diversos premios en festivais internacionais e foi debatida e tratada tanto por colectivos antiespecistas como por colectivos feministas. Pola nosa parte, parécenos importante matizar que con esta proxección non se pretende instrumentalizar o discurso feminista ou a opresión que sufren as mulleres para explicar ou visibilizar a opresión especista, e tampouco se pretende igualar ambas loitas ou pretender que se desenvolvan nos mesmos termos (cada loita ten o seu propio contexto e as súas propias condicións, e debe abordarse desde ahí). A intención é simplemente visibilizar certos paralelismos e interseccións, e debatir sobre iso. Por iso, ao rematar a curta, haberá un coloquio sobre interseccións entre Patriarcado e Especismo, ao que todes estades convidades.

Haberá ceador vegano!

* Nota: Carol J. Adams é unha autora feminista e vegana que escribiu a obra “A Política Sexual da Carne” onde relaciona o consumo de carne coa construcción do mito da “masculinidade”, e entre outros temas, trata o concepto do Referente Ausente do seguinte xeito: Detrás de cada prato de carne hai unha ausencia: a morte do animal. A función do referente ausente é manter a nosa “carne” separada da idea de que ela ou el no noso prato foron unha vez un individuo que quería vivir. É manter lonxe a idea de que esa carne era alguén e non algo. O referente ausente funciona de igual maneira na opresión cara á muller e outros grupos desfavorecidos. Na nosa cultura se cosifica á muller converténdoa nun obxecto sexual reducíndoa a un “algo” no canto de alguén que merece respecto. Esta relación entre explotación animal e a cultura patriarcal fai que a miúdo os termos que se usan para designar as partes de animais para consumo sexan intercambiables coas partes do corpo feminino.

Date & Time: 

Thursday, 9 March, 2017 - 20:30

Category: 

  • discussion/presentation
  • food
CSOA Escárnio e Maldizer
Rúa da Algalia de Arriba 11
Spain

Squat: 

Evicted squat

Espaço autónomo e antiautoritário para umha Compostela rebelde e combativa.

categories: 

  • course/workshop / discussion/presentation / exhibition / film / food / meeting / music/concert / party